terça-feira, 1 de julho de 2014

Desde o 1 de xullo Aqueloutras publicará os principais apartados de As Mentiras de Khrushchev




Coa versión en galego da obra de Grover Furr As Mentiras de Khrushchev, publicada xa hai mais de un ano por Edición Benigno Álvarez,  xa practicamente esgotada (seica fican un ou dous exemplares na libraría Nobel de Ferrol), cun continuo goteo de encomendas chegadas maioritariamente do Brasil (vale ou non vale a nosa lingua?), cunha copia escaneada da versión inglesa dispoñíbel na Rede vai boa, coido que non se lle fai mal a ninguén, senón todo o contrario, publicando de vagar aqueles apartados máis interesantes e/ou amenos do libro. Todas aquelas persoas que, pola razón que for, aínda non tiveron a oportunidade de o consultaren van poder facelo a través desta páxina.

En Aqueloutras vanse ir subindo, aos poucos, os apartados cos seus respectivos apéndices. Uns materiais, estes últimos, que conforman a munición argumental deste amplo e rigoroso estudo do que pasou á Historia como o Discurso Secreto de Khrushchev.

A vindeira terza feira, 1 de xullo, publicarase o Apartado 1: O Culto á Personalidade co seu apéndice. Iráse publicando un apartado cada certo tempo (en principio todas as terzas feiras).

A Introdución de As Mentiras de Khrushchev pódese ler en http://edicionsbenignoalvarez.blogspot.com.
 
Fonte -  http://aqueloutras.blogspot.com.br/2014/06/desde-o-4-de-xullo-aqueloutras.html 
Postar um comentário

Documentários e Vídeos

Intelectual da Ucrânia fala sobre as "repressões de Stalin"  ¡Stalin de acero, conciencia del obrero! O nome da Rússia: Stalin, por Valentin Varennikov 

Postagens populares

Seguidores